O grupo de Pandereteiras “Abeleira” nace no mes de abril do ano 2007 polas inquedanzas das mozas da parroquia de Zamáns, no concello de Vigo, de aprender a tocar e cantar aquelas pezas que anos atrás interpretaban as súas avoas.
Entre as interpretacións do Grupo Abeleira podemos destacar pasodobles de Camariñas, serán de Cortellás, maneo de Cereo, entre moitas outras pezas tradicionais recopiladas polos distintos puntos da xeografía galega.
Este grupo da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns percorre dende a data da súa constitución, romarías e festivais animando á xente cos seus cantares e bo humor.
Na actualidade está composto por 10 membros e o seu profesor é Diego Docabo Martínez.
Grupo de Pandereteiras da A.V.C.R. San Mamede de Zamáns
Nome do grupo: “ABELEIRA”
Data de Constitución: 03/04/2007
Profesor: Diego Docabo Martínez
Lugar e horario de ensaio: A.V.C.R. San Mamede de Zamáns os martes de 20-22h.
Repertorio: Pezas traicionáis recopiladas polos distintos puntos da xeografía galega.
Nº de compoñentes en 2008: 10
-Ana Rosa Figueroa Martínez
-Carmen Quintas Pérez
-Marina Otero Cabral
-Ana Belén Freiría Otero
-Nieves Fernández González
-Cristina González Fernández
-Susana Rodríguez Otero
-Elena Rodríguez Otero
-Alicia Rodríguez Otero
-Isabel Martínez Alonso